Tuesday 07 de May de 2024

Gandarío acolle esta fin de semana o campionato galego de augas abertas de salvamento e socorrismo


· No areal bergondés celebraranse o sábado as probas das categorías infantil, cadete e o domingo de categoría máster.

· Na categoría máster participan 42 socorristas de 6 clubs procedentes de diferentes puntos de Galicia.

· Nas categorías infantil e cadete participan, en total, 203 socorristas de 12 clubs galegos.

A praia de Gandarío do Concello de Bergondo acollerá esta fin de semana, por segundo ano consecutivo, o campionato galego de augas abertas de salvamento e socorrismo, organizado pola Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia.

O sábado, 18 de xuño, disputarase a proba nas categorías infantil e cadete, nas que participan, en total, 203 socorristas de 12 clubs galegos: Club Natación e Salvamento A Estrada, Club Salvamento Sada- SASA, Club Salvamento Arteixo-SALVAR, Club Salamento Carballo- SYSCA, Club Salvamento Vilagarcía, Club Acuático Umia, P. C. Salvamento Sanxenxo, Club Acuático Pontevedra-SAPO, Club Acuático Laracha – SAL, Club Natación Cerceda, Club Natación Santa Comba LB, Club Salvamento Ourense – SALVOUR. As probas dividiranse en quendas, de 9 a 14 horas e de 14 a 18:15 horas.

O domingo, 19 de xuño, será a quenda para os participantes da categoría master, con 42 socorristas de 6 clubs chegados de todo Galicia: Club VIRSAL, Club Salvamento Sada – SASA, Club Salvamento Arteixo – SALVAR, Club Salvamento Carballo – SYSCA, Club Salvamento Vilagarcía e Club Acuático Umia. O horario será de 9 a 15:30 horas.

Desde a FESSGA comunican que, en caso de tormenta eléctrica nos días dos campionatos, a proba suspenderíase mentres dure esta.